O Teatro Principal ofrece preto de trinta espectáculos para o que resta de ano

A sala acollerá as estreas do Centro Dramático Galego e Il Maquinario Teatro e a reposición de «La violación de Lucrecia»

LA VOZ

O Teatro Principal de Ourense acollerá 29 espectáculos nestre cuatrimestre. A presentación da programación do Principal para o que resta de ano foi presentada esta mañá no propio teatro pola súa xerenta, Olga Mojón, o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil. Entre as propostas para estes meses destacan a estrea dos novos espectáculos do Centro Dramático Galego e Il Maquinario Teatro (As laranxas máis laranxas de todas as laranxas e Perplexo), a reposición da montaxe La violación de Lucrecia, que Nuria Espert estreara no Principal no 2010, e a presenza de montaxes estatais que están acadando unha importante repercusión entre a crítica especializada e o público. Entre outras as obras de teatro Dalí versus Picasso, de Arrabal, Kathie y el hipopótamo, sobre texto de Vargas Llosa e protagonizada por Ana Belén, ou La venus de las pieles, con Clara Lago. A programación de concertos de música clásica ou as citas anuais que pasan polo esceario do Principal (as montaxes do Festival Internacional de Teatro de Ourense, Fito, o ciclo de música clásica Enclave de Cámara, a Mostra Infantil de Teatro, Moti, ou o Voces Femeninas) completan a oferta. O BLues Principal celebrarase os días 25 e 26 de outubro e contará coa presenza de Delta Moon e Bex Marshall Band.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

O Teatro Principal ofrece preto de trinta espectáculos para o que resta de ano