A Ribeira Sacra contará cun centro de BTT e máis de 100 quilómetros de pistas sinalizadas

X. M. R. / OURENSE

OURENSE

O proxecto foi presentado en Nogueira de Ramuín por Alfonso Rueda

01 sep 2014 . Actualizado a las 19:27 h.

Os concellos de Nogueira de Ramuín e Parada de Sil acollerán o proxecto BTT Ribeira Sacra, que ofrecerá máis de 100 quilómetros de pistas sinalizadas para a práctica deste deporte. O proxecto foi presentado esta mañá no parador de Santo Estevo de Ribas de Sil polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o alcalde de Nogueira de Ramuín, César Parente, o presidente da Deputación, José Manuel Baltar, e o delegado da Xunta, Rogelio Martínez. A invertención contará cunha axuda de 40.000 euros de Turgalicia e Rueda salientou o feito de que «estes centros BTT Galicia son un proxecto promovido por Turgalicia, para dotar á comunidade dunha rede para a práctica de ciclismo con bicicleta todo terreo. O centro BTT Ribeira Sacra contará cunha rede de rutas que duns 100 quilómetros, recorridos sinalizados, un punto de acollida con información turística e servizos para as bicicletas, zona de aparcamento e material sobre as rutas». O vicepresidente tamén salientou o feito de que o proxecto partise dunha colaboración entre concellos e lembrou que dende a Xunta se aposta por axudas para este tipo de actuacións encamiñadas a dinamizar o rural galego e promover destinos turísticos.