Ourense énchese de letras

La Voz OURENSE

OURENSE

Miguel Villar

A capital conmemora o 17 de maio con diferentes actos culturais

17 may 2014 . Actualizado a las 18:28 h.

Como cada 17 de maio Ourense está a conmemorar o Día das Letras Galegas con diferentes actos. Na praza de San Martiño houbo una lectura de poemas de Díaz Castro trala que actuou a banda municipal de música. Non foi a única proposta da mañá. Queremos galego elixiu a estatua de Blanco Amor como punto de encontro para reivindicar a lingua, como fixo con anterioridade o Partido Popular. Pola súa banda o PSOE organizou un roteiro percorrendo as rúas do casco vello en homenaxe ós autores galegos.

Esta tarde, ás seis, no parque de Montealegre terá lugar a actividade «Aprende a identificar as árbores do teu bosque en galego» co que se pretende que os ourensáns sexan quen de distinguir a flora máis representantiva da zona así como a que vén de fora. Xosé Méndez Álvarez, doutor en Botánica, daralles os nomes científicos e tamén en galego.