Cipriano Caamaño: «Como alcalde non penso en retirarme por agora»

O rexedor de Boborás cumpliu onte os 65 anos e xubilouse como médico do centro de saúde do mesmo municipio


ourense / la voz

Cipriano José Caamaño Castro (Cee, 1949) deixouse de ser onte, oficialmente, médico do Centro de Saúde de Boborás. Botou 33 anos exercendo na provincia, primeiro en Trives e logo en Boborás. Ao chegar ao municipio implicouse tamén na política: foi concelleiro da oposición (AP) cando era alcalde Cándido Cabanelas e cando remate o presente mandato cumprirá 24 anos de alcalde.

-¿Ao final non pudo continuar exercendo como médico?

-Hai dous anos xa querían amortizar unha praza, pasando de tres a dous médicos, e propuxen que agardasen a que eu me xubilase.

-Pero vostede propuxo no pleno, e aprobouse, reclamar ao Sergas que se manteñan as tres prazas en Boborás.

-A ratio que se manexou toda a vida non dá para ter dous médicos, ata 1.500 cartillas só hai dereito a un, a partir de aí son dous e logo coa mesma porcentaxe. Aquí hai 1.700 cartillas e non dá máis que para dous, aínda que nós sempre puxemos sobre a mesa os mesmos criterios que empregan outras institucións: temos unha dispersión moi grande, poboación envellecida, problemas de comunicacións, moita saída a domicilio. Por iso reclamamos que se manteñan os tres médicos.

-Leva de alcalde dende 1991, ¿tamén se xubilará como tal?

-É algo que non teño pensado. En principio, e a non ser que cambie de opinión, non entra dentro das miñas previsións. Como alcalde non penso en retirarme por agora.

-¿Que salienta destes case que seis mandatos xa cumpridos?

-O meu obxectivo sempre foi apostar por dar servizos aos veciños, máis que as grandes actuacións. Dotar a todos os pobos de saneamento, abastecemento, alumeados e beirarrúas, a aposta polos servizos sociais -dende os maiores á atención á infancia, a gardería, axudas á natalidade e outras- ou pola administración electrónica tamén foron iniciativas salientables. En canto ás obras sinto un especial orgullo por ter recuperado Pazos de Arenteiro.

-¿A zona de servizos da Almuzara é a asignatura pendente?

-Nós fixemos os deberes: están os terreos e o plan de ordenación urbana. Como a oposición o recurriu non podemos facer as obras polo risco de perder o investimento.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos

Cipriano Caamaño: «Como alcalde non penso en retirarme por agora»