«"Da terra do son" mostra o que facemos as bandas»

Cándida Andaluz Corujo
C. ANDALUZ OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Santi M. Amil

O director carballiñés destaca a importancia das gravacións para as formacións de música popular

30 oct 2013 . Actualizado a las 07:15 h.

O sábado os lectores de La Voz de Galicia poderán levar, co seu

exemplar do periódico e só por

1,99 euros, un disco que recolle parte do repertorio da banda de O Carballiño. O cedé forma parte da colección Da terra do son que os suscriptores poden adquirir de forma conxunta e pola metade do prezo. Juan Manuel Soto Arias é, ademais do seu director, o fundador dunha banda que comezou a fraguarse en 1995.

-Hai 18 anos que se iniciou a andadura da banda, ¿como foi ese comezo?

-A finais de 1995 eu máis outra persoa creamos a banda da escola e empezamos a pensar na idea de constituír a banda da vila. E en 1999 empezamos a andar. Tivemos varios anos de formación tentando crear unha banda con xente maior e moza.

-¿En que momento se atopa a formación?

-Nós estamos en continua formación. Moitos dos rapaces que empezaron xa non están, por motivos de estudos o porque empezan a traballar e no teñen tempo. Outros seguen igual e iso é de valorar. Agora mesmo a banda conta ó redor de 35 integrantes estables.

-Fálenos do repertorio.

-Nós tentamos que haxa música para todos os gustos e idades. Temos pasodobles, marchas e tamén temas de ABBA, de bandas sonoras, clásicos e populares.

-¿Que parte está presente en ?Da terra do son??

-Hai temas variados. Dende o himno galego a pasodobles, temas americanos e cancións románticas... Un total de doce temas nos que se ve o que estamos facendo.

-¿Que importancia ten a gravación?

-Por unha banda está o feito en si de gravar. Unha experiencia moi importante, dende a elección dos temas ata os ensaios. E logo está a parte da difusión, Da terra do son mostra o que facemos as bandas.

-¿Falta apoio institucional?

-Estase esquecendo a labor que fan as bandas. Habería que organizar máis actividades nas que estiveramos presentes. Antes había máis actuacións programadas e agora desapareceron. Non falta unicamente apoio económico senón tamén o moral. Sentir ese apoio.

juan manuel soto director da banda de música do carballiño