Mofa e Befa abren mañá o Festival de Teatro Galego do Carballiño

La Voz

OURENSE

MIGUEL VILLAR

É a única cita en Galicia de teatro en galego

02 sep 2013 . Actualizado a las 16:15 h.

O Festival de Teatro Galego (Fetega), o único das súas características que existe en Galicia, inicia mañá unha nova edición. Representacións teatrais, teatro de rúa, espectáculos infantís e obradoiros conforman o programa de actividades que se desenvolverán ata o venres no auditorio do Carballiño, co patrocinio da Deputación de Ourense e do Concello do Carballiño e a colaboración de empresas privadas. A compañía Mofa e Befa abre o festival coa comedia ?Románticos?, con Quico Cadaval, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Piti Sanz. O mércores terá lugar a representación do drama ?Gaivotas subterráneas?, coa participación de Luis Iglesia e Xabier Deive. O xoves Talía Teatro representa a obra de intriga ?O método Gronholm?, con Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez e Dani Trillo, e o venres actuará Carlos Blanco co seu espectáculo ?Ao vivo? de momento?. Este mesmo día terá lugar a entrega dos premios Fetega 2013. Todas as funcións serán ás 22:30 horas, para o público adulto, e as entradas, que se poderán mercar na taquilla do auditorio, terán un custe de 8 euros. As actividades complementarias de rúa que se van desenvolver nos días do festival na praza do Concello do Carballiño serán ás 18:30 horas.