Árbores con talento en Riós

JESÚS MANUEL GARCÍA OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Miguel Villar

O adestrador Moncho Fernández e o actor Javier Gutiérrez estrean unha ruta na que dan os seus nomes a dous castiñeiros

03 ago 2013 . Actualizado a las 16:49 h.

No souto de Riós atópase desde hoxe a recen inaugurada Ruta do Talento. En pleno festival escénico, o adestrador do Blusens Monbús, Moncho Fernández e o actor Javier Gutiérrez, descubriron cada un a súa placa sobre dous castiñeiros. Cada ano iránselle dando placas de personaxes da cultura, do deporte, e das artes a estas árbores centenarias. «Non podo expresar con palabras o que para min representa isto, que che regalen unha árbore co teu nome. Atópome abraiado», sinalou Moncho Fernández. «Muy honrado, abrumado, me siento y feliz de apostar por la cultura de base», dixo Javier Gutiérrez. Cada un quitou a cortiniña vermella que tapada cada placa en dous castiñeiros enfrontados, os primeiros do paseo fermoso que permite facer a ruta europea da castaña. O alcalde, Francisco Veiga, explicou que a iniciativa faise cos castiñeiros porque Riós é un dos grandes concellos produtores de castaña. Polo tanto o castiñeiro ten grande importancia nesta terra.

No acto atopábase tamén o conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, quen subliñou a importancia do talento: «Precisamos talento, por suposto», dixo, loubando que esta iniciativa teña como soporte para as placas conmemorativas árbores centenarios.

O festival escénico de Riós xunta a persoeiros coñecidos do mundo da cultura como o director Ignacio Vilar, responsables do Festival de Cine de Cans (Porriño), ou xentes da música como María Cedrón, á que nesta noite de sábado daráselle a castaña de cristal.

Esta mesma tarde, haberá un partido benéfico en favor dunha nena, Uxía, para axudala cun problema de saúde e desde as nove e media da noite terá lugar a gala do Festival das Artes Escénicas de Riós, con Robert Ramírez, Rosa Cedrón, Malvela, Tony Lomba, Pepo Suevos e unha sesión de pinchadiscos.