Xesús Vázquez Abad defende o modelo do Couto Mixto para a rexeneración democrática

X. M. R.

OURENSE

O conselleiro de Cultura e o colectivo Ponte nas Ondas recibiron a distinción de xuices honorarios do Couto Mixto

13 jul 2013 . Actualizado a las 19:18 h.

O territorio que comprende os pobos de Santiago, Rubiás e Meaus, entre Galicia e Portugal, foi durante séculos un espazo con autonomía política e administrativa: o Couto Mixto. Esa independencia das coroas de España e Portugal rematou en 1864 co Tratado de Lisboa. Dende hai anos vense reivindicando o legado e a memoria deste espazo e no ano 1998 nacía a Asociación de Amigos do Couto Mixto, que cada ano organiza actividades para recuperar a memoria histórica desta república esquecida. Esta mañá, na igrexa de Santiago de Rubiás, ante a arca das tres chaves -unha por cada pobo- e dos Homes de Acordo -os que impartían xusticia no Couto Mixto- foron nomeados dous novos xuices honorarios deste territorio: o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez Abad, e o colectivo Ponte nas Ondas. Logo de recoller os atributos que se lle entregan aos novos xuices honorarios, o conselleiro de Cultura asegurou que recibía a distinción como unha honra e un compromiso coa rexeneración democrática, asegurando que o exemplo histórico do Couto Mixto, o dos xuices e o dos Homes de Acordo serán a partires de agora a súa mellor guia de conducta política. Na convocatoria deste ano tamén se diron a coñecer as pinturas restauradas da sancristía da igrexa.