O Festival de Artes Escénicas de Riós estreará a cinta de Aitor Rei sobre os afiadores

X. M. R.

OURENSE

O certame otorga a Rosa Cedrón o premio da castaña de cristal

09 jul 2013 . Actualizado a las 19:27 h.

A sexta edición do Festival de Artes Escénicas de Riós acollerá a estrea da película realizada por Aitor Rei que ten como protagonista ao afiador Armando Álvarez, un ourensán que adicou toda a súa vida ao oficio. Para simbolizar a homenaxe a este colectivo Aitor Rei rodou nas cidades a onde viaxaban os afiadores a desempeñar o seu oficio e así fixéronse gravacións en Ourense, Palencia, Burgos, Madrid ou Cuba, entre outros escenarios. O Festival de Artes Escénicas de Riós foi presentado hoxe no Centro Cultural da Deputación e no acto participaron o promotor e coordenador do certame, Rubén Riós, o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez Abad, o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar e Aitor Rei. O festival será os días 2 e 3 de agosto e entre as actividades que se desenvolverán figura un concerto de Daniel Minimalia, a proxección dun documental sobre a Caravana Vilamor e a presentación de proxectos audiovisuais como o das irmáns de A Rúa que están estudando en Utah, a película que comezará a rodar en agosto Simón Vázquez ou un traballo de Estíbaliz Veiga sobre persoas con discapacidade. O día 3 inaugurarase a Ruta do Talento, na que adicarán árbores centenarias ao adestrador Moncho Fernández e ao actor Javier Gutiérrez e haberá unha gala na que participarán Robert Ramírez, Rosa Cedrón, Malvela, Tony Lomba e Pepo Suevos.