A MIT de Ribadavia contará cun equipo de 50 persoas, maioritariamente voluntarios

X. M. R.

OURENSE

As entradas para a Mostra xa están á venda en Servinova

04 jul 2013 . Actualizado a las 20:14 h.

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia contará este ano cun equipo de medio cento de persoas, maioritariamente voluntarios, para dar resposta a todas as demandas e necesidades da MIT, que se desenvolverá entre os días 19 e 27 na capital do Ribeiro. Os voluntarios da MIT son os encargados de ofrecer información e acompañar ás compañías ou de desenvolver traballos de acomodación e venda de entradas para os espectáculos. Dende a organización da MIT saliéntase que o contacto directo co medio escénico e o gusto por vivir o festival en primeira persoa é o que leva aos voluntarios a apuntarse neste servizo. As persoas que desexen colaborar coa MIT 2013 poden anotarse, ata o 15 de xullo, a través do correo electrónico voluntariosdamostra@gmail.com ou chamando ao 988471900. As entradas para a Mostra xa están á venda a través do servizo telefónico e da web de Servinova.