O PP de O Barco denuncia que o contrato coa firma da ORA venceu no 2009

o barco / la voz

O BARCO DE VALDEORRAS

06 dic 2012 . Actualizado a las 07:10 h.

O Partido Popular de O Barco pediu onte por escrito que o interventor municipal emita un informe sobre o control financeiro e de eficacia do servizo da ORA (o que popularmente se coñece como zona azul, de aparcamento de pago). A petición chega, segundo argumenta o seu voceiro, Moisés Blanco, en base ás «irregularidades detectadas», xa que tralo contrato firmado no 2005 con Dornier e a prórroga por dous anos rubricada no 2007, non houbo «ningunha sinatura» máis. Denuncia tamén que pese a que o prego do concurso recollía que a concesionaria debía presentar anualmente a xestión de contas, inversións realizadas e un inventario dos bens adscritos ao servizo, isto non se está cumprindo.

Pola súa banda, o alcalde, Alfredo García, dixo que a petición de documentación corresponde aos técnicos, e anunciou que «en breve» se sacará a concurso a concesión do servizo de novo.