A muller con demencia que saíu da residencia de Parada de Sil leva desaparecida tres días

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Santi M. Amil

03 dic 2012 . Actualizado a las 07:20 h.

Segue en paradoiro descoñecido Matilde González Cid, de 78 anos, que saíu da residencia da terceira idade de Parada de Sil na tarde do pasado venres. Durante todo o domingo buscárona dez veciños, Protección Civil de Nogueira de Ramuín e Parada; a Garda Civil de Castro Caldelas, A Veiga, Ourense e Viana. Actuaron axentes do Seprona en moto, gardas con cans amestrados e un helicóptero. Comandou a operación o capital da Garda Civil de A Rúa. Non houbo éxito. A búsqueda lévase facendo desde a tarde do venres. Matilde González ten demencia e aproveitou unha visita de xente para saír da residencia, xa que a porta ten peche eléctrico. Quería ir a un pobo onde segundo ela a esperan seus pais.