Ribadavia honra mañá a Alonso Montero

ourense / la voz < / span>

OURENSE

A casa consistorial acollerá o acto de nomeamento de fillo adoptivo da vila

23 nov 2012 . Actualizado a las 07:05 h.

Baixo o lema «Xesús Alonso Montero, militante da palabra» desenrolarase mañá na casa consistorial de Ribadavia o acto polo que se nomea fillo adoptivo da vila ao historiador e escritor. O alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, presidirá o acto ao que acudirá o conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez; o fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela e Ramón Villares, presidente do Conselllo da Cultura Galega, entre outros. A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense abrirá o acto e o director do Museo Etnolóxico de Ribadavia, Xosé Carlos Sierra, será o encargado de realizar a loubanza do homenaxeado que seguidamente recibirá a medalla e o pergameo das mans do alcalde de Ribadavia. Tralas súas verbas, iniciarase a segunda parte do acto coa banda de musica Luís Costa, a infantil da Lira e da Virxe do Portal e a solista Natalia Núñez, que interpretará Lela de Castelao. O acto seguirá cunha proxección dun documental sobre a vida e obra de Montero á que seguirá as aportacións de persoeiros que relatarán a influenza que sobre eles tivo o profesor ribadaviense, entre eles o ex conselleiro de Economía da Xunta, Fernando Salgado. O acto seguirá con varias sorpresas musicais e ao finalizar celebrarse unha comida no mosteiro de San Clodio.