Ourense acolle os premios de fotografía humanitaria da Fundación Luis Valtueña

OURENSE

O Espazo Xove amosa os traballos de Miguel Vasconcelos e José Teiga

16 nov 2012 . Actualizado a las 20:13 h.

O Outono Fotográfico incorporou, entre onte e hoxe, novas propostas á oferta desta edición. Dende o xoves poden verse no Centro Cultural da Deputación de Ourense os traballos premiados e seleccionados para a prestixiosa convocatoria do Premio de Fotografía Purificación García e hoxe eran os orixinais do premio de fotografía humanitaria da Fundación Luis Valtueña os que se abrían ao público no Campus de Ourense. O Espazo Xove inaugura, 20.00 horas, as exposicións «Paisajes», de Miguel Vasconcelos, e «Sen canon», de José Teiga. No apartado de actividades complementarias, mañá desenvolverase un «Obradoiro de produción fotográfica» na Escola de Artes Antonio Faílde. O curso será impartido por Alejandro Nóvoa e José Rey García.