«Vilamor», do petinés Ignacio Vilar, participa no festival de cine do Cairo

A cita exipcia forma parte do grupo de festivais tipo A, no que están tamén Venecia ou Berlín


O Barco

A película baseada na comuna hippie de Negueira de Muñiz que o petinés Ignacio Vilar titulou «Vilamor» foi seleccionada para participar no festival de cine do Cairo (Exipto). A cinta proxectarase no ciclo de cine mundial, que recolle as cintas producidas entre 2011 e 2012 en todo o planeta.

O Cairo International Film Festival é un dos once festivais enmarcados na categoría A, a máis importante, da que forman parte tamén Cannes, Berlín ou Venecia. A súa 34 edición levarase a cabo entre o 27 de novembro e o 6 de decembro. Alí estará Vilamor. Desde a produtora destacan a «imparable carreira internacional» da cinta.

A participación no festival do Cairo (para o que foi preciso pasar polo veredicto do xurado encargado de elixir o programa) únese a outras referencias no exterior da cinta de Vilar.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

«Vilamor», do petinés Ignacio Vilar, participa no festival de cine do Cairo