Sarabela estreará mañá no Auditorio de Ourense

OURENSE

Santi M. Amil

A montaxe dirixida por Ánxeles Cuña é unha versión do texto homónimo de Fernando Fernán Gómez

19 sep 2012 . Actualizado a las 22:43 h.

A compañía Sarabela mantén a aposta polas grandes montaxes escénicas, aínda sabendo «que non son os mellores tempos para meterse nestes proxectos», como recoñecía onte na presentación da nova montaxe Ánxeles Cuña Bóveda. Sarabela Teatro estreará mañá no Auditorio de Ourense Viaxe a ningunha parte, una adaptación dirixida por Ánxeles Cuba sobre o texto orixinal de Fernando Fernán Gómez. A estrea será ás 21.00 horas e Sarabela representará esta nova montaxe en Ourense ata o día 29.

Viaxe a ningunha parte conta coa participación dos actores Lino Braxe, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Nate Borrajo, Sabela Gago, Elena Seijo, Josito Porto e Jorge Casas. A obra está protagonizada polos cómicos da legua que percorren o país na etapa de posguerra.