Quico Cadaval abre co seu pregón a Mostra Internacional de Teatro 2012

x. m. r. ourense / la voz

OURENSE

21 jul 2012 . Actualizado a las 14:33 h.

Co pregón de Quico Cadaval e dúas montaxes para a xornada, unha no auditorio do castelo e outra na Praza Maior, arranca hoxe a Mostra de Teatro de Ribadavia.

A MIT 2012 comeza hoxe ás 20.00 horas coa inauguración oficial. A cita é no salón de plenos do Concello de Ribadavia e para media hora despois está fixado o pregón inaugural da Mostra. A organización apostou este ano por un vello coñecido da MIT e todo un veterano da escena galega: o actor e director Quico Cadaval. Será esta actividade a que dará comezo ao certame teatral máis recoñecido do panorama da escea galega.

Auditorio e Praza Maior

O programa de representacións da MIT ábrese esta noite coa sesión do auditorio do castelo de Ribadavia. Ás 23.00 horas serán as compañías Timbre 4 (Arxentina) e Théâtre du Soleil (Francia) as encargadas de pór en escena a montaxe A puerta cerrada.

Logo da sesión no castelo a Mostra volta a un dos espazos vencellados de sempre ao teatro na capital do Ribeiro: a Praza Maior de Ribadavia. Neste lugar, ás 00.30 horas, a formación italiana integrada por Drago Bianco e Cantiere Ikrea amosarán a súa proposta escénica ZOTT il fuoco che cammina.

Venda de entradas

A venda por internet para a fin de semana agotou as prazas. A organización reserva o 20% do aforo para a venda no día (a partir das 21.00 horas).