«A oposición de antes era máis responsable e máis consecuente»

Ruth Nóvoa de Manuel
RUTH NÓVOA OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Santi M. Amil

O rexedor censura á Xunta: «A inversión na cidade en tres anos foi cero»

20 may 2012 . Actualizado a las 13:10 h.

O alcalde de Ourense recíbenos nun despacho que, aseguran os seus colaboradores, sempre ten as portas abertas. Nela petan, ás veces, os ourensáns que peor o están pasando: «Ningún cidadán vai tocar na porta dun conselleiro ou dun ministro. Os que pulsamos a realidade da crise somos os concellos. E cando entran por esa porta ves a cara da traxedia». Con esa perspectiva a conversa con Francisco Rodríguez (Ourense, 1954) pivota sobre a crise e os recortes.

-Os presupostos, ¿para cando?

-Asumimos a parte de culpa por non telos aprobados pero os servizos non se resinten. Ir tan xustos, ter menos ingresos, dificulta facer os presupostos

-¿O retraso débese a atrancos dos seus socios de goberno?

-Non, non. Cando a calquera lle plantexas que hai que diminuír os orzamentos e pensa en reducir actividades e subvencións? pois non lle gusta. Nin ós do BNG nin ós do PSOE.

-¿Que departamentos se van resentir máis?

-Os servicios fundamentais non os imos tocar. ¿O resto? Haberá unha reducción pequena pero tocaralle a todos.

-¿Prevé recortes nos soldos e nas dedicacións ou no persoal?

-Xa hai recortes na asignación ós grupos. Estase tocando todo o que se pode tocar. No tema de persoal intentaremos que non se incremente ese capítulo e a ver si pouco a pouco podemos ir introducindo alguna modificación á baixa sin que implique un recorte dos servicios.

-Na campaña, hai un ano, prometeu un tranvía. E menús de 3 euros para maiores de 65.

-Non quero que sone a xustificación pero vaise retrasar o cumprimento pola situación económica.

-¿Cal é a súa relación co presidente da Deputación?

-Desde o punto de vista institucional, lealdade. Sen seguidismo e en clave reivindicativa se é necesario. Desde o punto de vista persoal, nin mala nin boa. Teño menos ca que tiña co seu antecesor, co que me encontraba máis porque estaba presente en todos os actos. Tiñamos una relación afable e respectuosa. Nunca tivemos a necesidade de ter unha reunión institucional, con medios. Pero cando tiñamos que comentar algún tema, levantabamos o teléfono.

-¿Non o levantou agora, a conta da retirada do apoio ó Festival de Cine? ¿Fixo algunha xestión?

-Creo que xa a houbo. Se non a fixo o alcalde fíxoa a tenente de alcalde. Gustaríame que recapacitaran.

-¿Que se fixo mal para que a celebración do festival dependa dunha axuda de 90.000 euros?

-Fóronse diminuíndo as participacións que facía a Xunta, o Estado... todo se foi reducindo. O que critico é que as cousas non se fagan pola vía da legalidade. Non poden coller e marchar así do consorcio.

-Na presentación do Hospital 2050 aproveitou para cantarlle as corenta ó presidente da Xunta.

-Aposto pola colaboración entre as administracións pero estou obrigado a esixir melloras para Ourense. E respeto e consideración para a terceira cidade de Galicia. Non me doen prendas en dicir o que se fai ben. Pero en tres anos a inversión da Xunta en Ourense foi cero.

-¿Como é a relación co PP co cambio de portavoz, de Enrique Nóvoa a Rosendo Fernández?

-A oposición de antes era moito máis consecuente e responsable que a que hai neste momento.

-¿Como valora o groseiro que está sendo o debate municipal?

-A oposición está para controlar, criticar ó goberno e aportar as súas opinións. A situación na que estamos agora, de embarrar a política, non favorece a normalidade democrática. As formas do voceiro do PP non axudan. Cando representamos opcións políticas importantes, debemos ser merecedores da confianza que depositaron en nós e gardar as formas. Para ser máis duro non é necesario ser maleducado.

francisco rodríguez fernández Alcalde de ourense

«Teño menos relación co presidente da Deputación que co seu antecesor»