Un acto cargado de emoción e de bos desexos para os cidadáns

La Voz

OURENSE

24 dic 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

No evento organizado polo Concello de Ourense, a través da Concellería de Participación Cidadá, non faltaron as actuacións musicais para amenizar a todos os asistentes.

A cantante de fados María do Ceo puxo a nota musical ó acto acompañada pola Agrupación Coral de Velle ?Cantares do Miño? a unha velada na que tódalas Asociacións de Veciños da cidade estiveron presentes, xunto con Asociacións Sociais coma Aspanas, a Asociación Ourensana de Síndrome de Down, a Asociación de Mulleres Rurais de Velle e a Asociación de Mulleres Separadas e Divorciadas e o Círculo Poético, así coma representantes da Garda Civil e a Policía Nacional, respondendo á chamada do Concello á recepción de Nadal e completando o aforo do Auditorio Municipal, converténdose no ano con maior participación das edicións celebradas ata esta data.

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, pechou un acto cargado de emoción, subscribindo as palabras de apoio da concelleira ó movemento veciñal e agradecendo ós veciños a labor que realizan diariamente da concelleira, e invitou a tódolos presentes a pasar estas datas rodeados da familia e disfrutando do calor do fogar, desexo que fixo extensivo a tódolos ourensáns.

Deste modo o goberno municipal deu por finalizado o ano no tocante ao movemento veciñal. Entre os desexos transmitidos aos asistentes está o de continuar traballando no 2012 para a mellora da relación entre as asociacións e a corporación municipal.