«Grazas a Pérez Bouza, Ourense estivo no Senado»

Miguel Ascón Belver
miguel ascón OURENSE / LA VOZ

OURENSE

10 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Concelleiro na capital ata o ano 2007 e despois xefe de Deportes na Xunta bipartita, Antón Gómez (Ourense, 1962), mestre de infantil e primaria, cree que é «conquerible» que Pérez Bouza sexa deputado.

­­­­

-¿Por que, se non o foi nunca, e conquerible desta vez?

-Hai oito anos tivemos máis de 36.000 votos, que en calquera outro proceso electoral houbera significado un deputado, pero como houbo case un empate técnico entre PSOE e PP, non foi posible. Agora vai a haber unha diferenza importante de votos entre eles e sería factible.

-Parece que a campaña do BNG está sendo moi personalista con Pérez Bouza.

-Fixo un traballo excelente e grazas a el Ourense estivo no Senado. Iso foi tamén unha das cousas que pesou para a súa elección case unánime como candidato. Nós plantexamos sempre as campañas coa imaxe dunha persoa, pero hai un equipo e toda a organización por detrás.

-Os enfrontamentos na capital e os malos resultados das municipais, ¿poden danar as aspiracións do BNG agora?

-Cada proceso electoral é distinto. Excepto ese resultado, que foi un pico cara abaixo, en todos os procesos solemos ter unha liña ascendente lixeiramente. Eu non sei se houbo enfrontamentos. Nós somos unha organización democrática, sempre tivemos eleccións internas para escoller os andidatos e parece que o que para outros é unha virtude para nós é un enfrontamento. Había discrepancias e tensións en temas puntuais pero non foi da maneira en que transcendeu.

-¿Está de acordo con Pérez Bouza en que o Bloque ten que abrirse máis á sociedade?

-Nunca imos estar suficientemente abertos á sociedade. Nós temos que gañar á xente na distancia corta, temos que darnos a coñecer e impregnar da nosa ideoloxía a sectores aos que nunca conseguimos chegar.

antón gómez rodríguez suplente do bng ao congreso