Antoloxía e homenaxe a Víctor Campio


No Centro Cultural da Deputación recibiu unha homenaxe o gran poeta ourensán Víctor Campio. Presentouse o seu novo poemario Quince sonetos de amor e once poemas máis, antoloxía e limiar do académico Xesús Alonso Montero. Esta escolma publicouna a Xunta recollendo a idea de Alonso Montero cando se fixera en Maside o nomeamento de Campio como fillo predilecto. A obriña foi editada para espallala polos centros de ensino de Maside e bisbarra. «O director xeral de Política Lingüística foi quen recolleu a idea e promoveu isto para que os escolares daquelas terras lean os meus poemas, moitos deles inspirados naquela zona da miña nenez», dixo Campio. O libro foi distribuído pola bisbarra en setembro. Víctor Campio, poeta tardío di que agora dedícase a descansar.

Alonso Montero subliñou que Campio é un dos tres grande poetas galegos desde o ano 1980. Dixo que a súa poesía é cálida, vencellada ó latexo da vida. «Maside pasará á historia da humanidade por honrar a Víctor Campio», sinalou. No acto estaban os directores xerais do Libro e Promoción Lingüística, Francisco López e e Anxo Lorenzo respectivamente; o presidente da Deputación, José Luis Baltar, que non falou pola afonía que padece, e o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez. Houbo libro para todo o público.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos

Antoloxía e homenaxe a Víctor Campio