Ourense aposta polas bicis e as motos na semana da mobilidade

La Voz

OURENSE

O Concello desenvolve ata o próximo día 22 de setembro un amplo programa de actividades divulgativas e de sensibilización coa intención de reducir o uso do coche

18 sep 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Un sistema da prioridade aos vehículos de dúas rodas nos semáforos

Un anos máis a cidade de Ourense súmase á semana Europa da Mobilidade que se ven celebrando dende o día 16 e rematará o próximo día 22 deste mes. Esta iniciativa está organizada polo Concello de Ourense a través da Concellería de Mobilidade en colaboración coa concellería de Educación e a Concellería de Tráfico. Participan tamén como patrocinadoras as seguintes entidades: Urbanos de Ourense, Asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico (PAT), a asociación MOBI-LIZA, Ciclosport Gil e Kaizen Motor.

Co programa de actividades realizado con motivo desta Semana da Mobilidade tentase chegar a unha serie de obxectivos como son a estimulación dun comportamento cidadán compatible co desenvolvemento urbano sostible, a sensibilización da cidadanía sobre os impactos ambientais do transporte e dos seus diferentes modos de uso, darase a oportunidade aos cidadáns de que coñezan novos e ecolóxicos modos de transporte alternativos ao turismo convencional, a sensibilización sobre o uso da bicicleta como transporte alternativo, o fomento do transporte alternativo en grupos de risco de inclusión social e tamén a promoción do uso do transporte público urbano recordando a importancia do seu uso na mellora da mobilidade na Cidade.

A Semana Europea da Mobilidade organízase nesta edición baixo o lema «¡Desprázate de eficiente. Mellora a túa mobilidade!» Moitos dos proxectos que se están levando a cabo van encamiñados a conseguir unha maior fluidez no tráfico da cidade, razón pola cal se está levando a cabo unha novedosa iniciativa; o proxecto piloto «As dúas rodas primeiro», trátase dun sistema que outorgará preferencia aos vehículos de dúas rodas nos semáforos.

A iniciativa pioneira, que foi proposta pola concellería de Mobilidade dirixido pola socialista Susana Bayo. Consiste en delimitar unha zona de 3 metros entre o paso de peón e a liña onde deben deterse os turismos. Esta zona estará delimitada e contará coa marca no pavimento que indique que a zona esta reservada para vehículos de dúas rodas (motos e bicicletas).

Esta experiencia é pioneira na cidade e levan funcionando dende hai dous días en diferentes zonas da cidade.