«Cociño ben, aprendín no Brasil»

La Voz

OURENSE

27 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Lobeira atópase no parque natural do Xurés pero o seu alcalde non parece moi satisfeito:

-Prometéronnos unha porta, camiños e mananciais pero todo está no aire. O parque non nos deu un peso. Non sei se é que non teñen fondos pero non se fai nada en Lobeira.

-Están nunha zona turística.

-Facía falta iniciativa, traballar en conxunto todos os Concellos pero falamos moito e queda en papel mollado. Nas Conchas temos unha cafetería pechada, pendentes da luz. Ten auga e cociña. A ver.

-¿Que van facer no colexio pechado?

-Estamos en trámites para facer unha residencia da terceira idade e centro de día. Xa inauguramos o velorio, a ver se nos ceden a casa sindical e temos un coche cisterna que nos entregarán en outubro por 90.000 euros que puxo a Deputación.

-Ten unha placa dándolle o nome seu á travesía.

-A placa está aí, que a quiten cando gusten. Puxérona os veciños non a puxen eu.

-¿Que fai no tempo libre?

-Cociñar na casa. Chego satisfeito de cumprir coa miña obriga e cociño, pero outras veces abúrrome e vou xantar fóra.

-Non o imaxinaba, Emilio.

-Cociño ben, aprendín no Brasil cando faltaba o cociñeiro no restaurante. Fago estufado de carnes bravas, cocido, arroz con cogomelos e coello de monte, parrillada, besugo ó forno ou cabrito asado.