«O polígono de Vilar de Santos, cos meus respectos, é de segunda»

La Voz

OURENSE

19 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Antonio Pérez non dubida en pronunciarse cando se lle pregunta se Vilar de Santos élle competencia co polígono.

-Non. Vilar de Santos xoga noutra división. O seu alcalde, fixo un brindis ó sol ofrecendo terreos para a empresa Xero. O polígono de Vilar de Santos, con todos os meus respectos, é de segunda por ubicación e por moitas cousas e o de Xinzo é de primeira, a carón da A-52 e por iso cotízase como se cotiza.

-O Concello encargoulle á Universidade un estudo de postos de traballo que concluía que sobra xente. ¿Que van facer?

-A Universidade, por encargo noso, fixo un RTP. En principio van adaptarnos xente que temos a eses postos. Se non, haberá que reducir. Pero polo que sei, non sei se sobraban 5 ou 7 persoas. De momento non hai nada e será unha decisión que non vou tomar só.

-¿Estivo vostede sempre no PP?

-Si. Pero hai xente á que lle teño que dicir que nunca militei, e iso está na hemeroteca, en ningún partido político nin me afiliei a ningún que non fora o PP. Outra cousa son simpatías, esa é outra historia. Xamais fun nunha lista que non fora a do PP.

-¿Que é Xinzo para vostede?

-Unha vila con posibilidades mal aproveitada. Seguro que temos moita culpa e imos traballar para que este monstruo esperte dentro do posible porque milagres non fai ninguén e eu menos. Trataremos de colocar a Xinzo no nivel que lle corresponde, sobre todo en infraestruturas, a pesares do esforzo feito para sacala da segunda división e levala a primeira.