As citas reivindicativas e os postos de libros galegos marcaron a xornada

La Voz

OURENSE

18 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A celebración do Día das Letras Galegas adicado a Lois Pereiro trouxo consigo a celebración de actividades por toda a provincia de Ourense, de xeito salientable vencelladas ás citas convocadas pola plataforma Queremos Galego en oito concellos ourensáns para denunciar a política da Xunta en materia de idioma, que os convocantes consideran un ataque ao galego, e para ler textos de Lois Pereiro e outros autores galegos.

Lembrando a Quintela

Ourense, onde tamén houbo concerto da banda e postos de libros en galego na rúa do Paseo, Allariz, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ribadavia, Verín, Vilanova dos Infantes e Xinzo acolleron as actividades da plataforma. Entre os representantes de colectivos que leron textos na concentración da cidade Manuel Herminio, de Agromadas (Seixalbo), elexiu un poema de Ramón Caride en homenaxe a Xosé Manuel Quintela, concelleiro histórico do BNG de Cea que finou en novembro do ano 2007 na súa casa de Mandrás.