Tertulilas a media noite no Paseo

Juan ValcárcelManuel Estévez

OURENSE

20 ene 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Na inmensa soidade da media noite, encontro inesperado cos tertulianos rúa do Paseo. Non hai que procuralos nos vellos cafés. Non señor. Convidárame no Cándido, Fernando Veiga, rapsodo con raíces en Mondoñedo e nacenza na Rúa. Logo de dar os primeiros pasos naquel profundo lugar que fora gran mercado de soños e quimeras, percibimos a figura dun home protexéndose da friaxe, ladeando a leiteira de Ramón Conde, resultando ser aqueloutro, nomeado días antes fillo predilecto de Maside. «Nacín en Garabás, terra de tratantes» primeiras verbas de Víctor Campío, aproximándonos a infancia. Sumouse á andaina, o médico Xoán Álvarez, cando os tres xa tiñan lembrado os antigos cafés da vella Auria, chámense Royalty, A Coruñesa, O Moderno, A Bilbaína ou O Recondo na Ponte. A fala foi interrompida para glosar o pasamento de Blanco Amor o que irían saudar o camposanto de San Francisco, convocados polo Pen Clube, decotándonos a unión de amigos comúns que xa nos están. Alá polo Baixo Miño o inesquecible Eliseo Alonso con quen Víctor compartira brincadores caldos do Rosal. Nélida Piñón, Álvaro Mutis ou vates chegados do outro lado do Atlántico que non puideron entrar na igrexa e Mosteiro de Oseira saíron a luz naquela noite. Na mañanciña seguinte, seguindo o mesmo roteiro, matinaba eu na vivencia experimentada e sentida, ata tropezar cun artista da rúa. Os seus dedos acariciando os trastes e a voz, ecoando nas fachadas. O seu carón un canciño