Non descarta reducir as dedicaciòns exclusivas para recortar gastos
16 ene 2011 . Actualizado a las 07:00 h.«Enrique Nóvoa ten unha obsesión comigo. Faime culpable de non ser alcalde»
Di que se alonxa do boato do cargo ?o despacho, o coche oficial ou os secretarios? indo á praza de abastos ou ao súper do seu barrio: «Gústame e gústalle ao cidadán. Porque hoxe eres o alcalde e mañá eres o de sempre, o veciño do cuarto».
No último pleno os tres partidos políticos reclamaron, de forma unánime, inversións para Ourense. O normal é que se comporten en función das siglas e de quen goberne en Santiago e en Madrid.
Temos que superar eses conceptos demagóxicos. Se o color político coincide, a valoración é positiva. Se non coincide, é negativa. É unha provocación á intelixencia das personas.
Por decilo así de claro, ¿o PSOE non lle tira das orellas?
En absoluto. Son perfectamente consciente do que se está cumprindo e do que non. Ourense precisa máis que nunca unidade de acción por parte dos políticos para conseguir o que lle pertence como terceira cidade de Galicia. Por riba de intereses partidarios.
¿Algún concelleiro, xa canso, pediulle que o quite da lista?
Ningún.
¿E cantos lle dixeron: ?Non te olvides de min??
Confeccionar unha lista para gañar unas eleccións e para gobernar non é un momento agradable. Ao longo deste tempo tiven a ocasión de ver a capacidade, a eficacia, o compromiso e a dedicación de todo o mundo, que non é igual. Os que están fixeron o traballo, mellor ou peor, con vontade e lealdade. Pero tamén hai persoas que teñen vocación e non poden estar sempre os mesmos.
¿Con mil traballadores, trece concelleiros con dedicación exclusiva non son excesivos?
Hai que esforzarse para recortar gastos e ao mellor ten que pasar por aí. O importante é que o traballo xustifique o gasto. O importante para o cidadán, máis que a cantidade, é que o traballo revirta.
Está como cando lle tocaba evaluación. Pondo as notas.
Nunca me gustou ter que suspender. Os concelleiros aproban todos pero con distinta nota.
Deme unha porcentaxe de renovación.
A renovación non vai a ser moi grande pero haberá renovación.
¿Todos serán afiliados ou haberá de novo independentes?
A base ten que ser xente do partido, pero iso non quere dicir que existan persoas que coincidan no pensamento socialista e den bos resultados.
¿Será unha lista firmada por Francisco Rodríguez, polo PSOE ou por Pachi Vázquez?
Vai ser unha lista do candidato a alcalde. Teño a sorte de contar cunha agrupación que me apoia. Pachi Vázquez estaría lexitimado para darme a súa opinión. Sería asumible e respetable. Pero nunca me plantexou nada.
¿Se lle pregunto por Pachi Vázquez dirá que é un gran secretario do PSdeG?
Sonaría a saír do paso. Destacaría a súa valentía para botarse ás costas a unha organización tras perder unhas eleccións, cando non contaba con perdelas.
¿Prefire enfrentarse a Rosendo Fernández que a Enrique Nóvoa?
A min a verdade é que me da igual. Enrique Nóvoa parece que ten unha obsesión comigo que non entendo moi ben. Creo que me fai culpable de non ser alcalde. Eu teño o máximo respeto ás decisións que toman os outros partidos. O señor Rosendo é o candidato que propuxo o PP, co sistema de propostas que todos coñecemos. Os cidadáns terán a última palabra.
¿Bota en falta a Sánchez Vidal?
Non é unha cuestión de persoas. Mentiría se non recoñecese que ao principio houbo unha dificultade. Pasámolo mal. Nestes momentos creo que a cidadanía percibe que o problema de Ourense non é a falta de entendemento entre os partidos que gobernan.
¿E Isabel Pérez?
Hai unha sintonía dos responsables do PSOE e do BNG que nos permite resolver problemas da cidade.
Pero trasluce que vostede intenta facerlle as cousas máis fáciles. É obvio que lle interesa que ela obteña bos resultados.
Todos aspiramos a ter o maior apoio posible pero os problemas do día a día non nos permiten pensar nas eleccións.
¿E a última fichaxe do PP, Valcarce Baiget?
Supoño que Baltar entende que lle pode aportar bos réditos. É unha persoa moi coñecida nesta cidade e neste Concello.
Coméntase que o próximo será Antonio Troitiño, que foi un cargo importante do PSOE.
Non sei se é bo ou malo pero en Ourense todos nos coñecemos. Ten unha experiencia municipal da que podería beneficiarse o PP. Ás persoas hai que xulgalas non só polas súas actitudes senón tamén pola súa traxectoria e a súa ética.
¿Superou o de Eladio Fernández?
Afectoume máis desde o punto de vista persoal que desde o punto de vista político. Todos debemos ter un comportamento leal con nós mesmos.
alcalde de ourense