«As víctimas do 'Caso do Metílico' non foron indemnizadas nin tratadas como merecían»

La Voz

OURENSE

22 dic 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Fernando Rodríguez publicou hai uns anos «Mil muertos de un trago» (Península), que tivo a súa versión galega en «Historia dun crime. O Caso do Metílico» (Galaxia). Este verán saiu á luz un movemento que reivindica que se reabra o caso ao non ter indemnizado ás víctimas (a intoxicación foi detectada en 1963).

-¿Que opina do movemento para retomar o Caso Metílico?

-Hai unha realidade incuestionable: que as familias das víctimas e as víctimas, que ata hai pouco aínda vivía algunha, non foron indemnizadas nin tratadas como se merecían. Aínda hoxe, máis de 40 anos despois, non recibiron un can, cando naquel momento as sentenzas fixaban indemnizacións por valor de 300 millóns de pesetas.

-¿Nunca foron tomados en consideración?

-Estaban en pleno franquismo e o Estado non quiso asumir nin recoñecer a súa responsabilidade e dos condeados o que máis estivo no cárcere non pasou máis de 6 anos.