«Son sesións moi especiais porque transmites ledicia e ilusión á xente hospitalizada»

OURENSE

09 dic 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Para desenvolver a Semana Solidaria e o intento de crear unha marca para o Guinness a Fundación Abracadabra conta co apoio de Caja España-Caja Duero, Comunidade de Madrid, Fundación Uned e a colaboración de Ana Millán, Ana Rosa Quintana e os magos Jorge Blass, Luis Piedrahita e Jandro. A sesión de Ourense correrá a cargo do mago José Luis Rivera Suárez.

-¿Como naceu a colaboración co proxecto?

-A Fundación Abracadra desenvolve proxectos solidarios e no meu caso hai bastantes anos que colaboro con eles. Unha das actividades é a Semán da Maxia Solidaria e é aí onde se propuxo a iniciativa de tentar crear a clase de maxia máis grande facendoa no maior número posible de centros hospitalarios.

-¿En que vai consistir?

-As sesións que facemos teñen o mesmo esquema en tódolos sitios: primeiro faise unha clase de maxia e, ao rematar, logo faise unha actuación con números de maxia. No caso do Chou será o venres ás 11.00 horas.

-Vostede xa ten experiencia neste terreo.

-Dende hai 6 ou 7 anos fago unha actuación anual, polo Nadal, para os rapaces que están hospitalizados.

-¿É un público crítico?

-É un público moi agradecido e son sesións moi especiais porque contribúes a transmitirlles ledicia e ilusión á xente que está hospitalizada.