Vilar de Santos, Allariz e Maceda

Xosé Lois Carreira

OURENSE

01 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Ealgún día, agardemos que máis pronto que cedo por aquilo de non chegar ós 5 millóns de euros de débeda sen saber moi ben en que se gastaron, agardemos tamén que Xinzo se sume tamén a este triunvirato municipal nacionalista onde o que prima non é outra cousa que o interese da veciñanza. E o que discrepe que vaia a calquera un deles e o comprobe. Vilar de Santos: leva facendo memoria co seu Museo da Limia desde a década dos noventa (século pasado), investimento deste ano do 44% do total presupostado, en proxectos executados 1.448.309 euros, mil habitantes e un parque empresarial operando desde 2003 con 225.000 m2 a 20 ?/metro. Sen falar de aforro, xestión directa municipal, posta en valor dos recursos, planificación, previsión e capacidade de xeración de ingresos. Allariz: calidade de vida e benestar social sen máis, aí é todo e aí é nada. Estándares de calidade de vida moi elevados que non ten outro efecto que nun contexto global de abandono xeneralizado do rural de cara a consolidación das grandes áreas metropolitanas, Allariz aumenta nos últimos catro anos preto de 600 novos veciños. Fogar dos Maiores con ampla oferta de programas específicos como Axuda no Fogar, Comedor sobre Rodas, Comedor Social, Casa da Mocidade con programas para o fomento do emprego xuvenil, formación musical, local de ensaio, radio municipal, novas tecnoloxías... E este ano como novidade estelar o Festival Internacional de Xardíns con máis de 40.000 visitas acreditadas no que vai de ano (a 1? a entrada). Maceda: en tres anos e pico de novo goberno do BNG, 6.000 euros de investimento real por macedano, e dicir, novas piscinas municipais, remodelación de prazas e rúas, ordenamento tráfico, dinamización turística e comercial do castelo, democratización da vida política e 3 quilómetros de corredor ambiental no río Arnoia en proxecto.

E Xinzo de Limia co alcalde retirado pola porta de atrás por mor de aeródromos sen despegue posible e un novo alcalde tramando nova construtora satélite.