O Boletín Auriense chega a 600 institucións do mundo

Jesús Manuel García OURENSE/LA VOZ.

OURENSE

29 jul 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O Grupo Marcelo Macías e colaboradores do Museo Arqueolóxico de Ourense presentou onte o volume que corresponde aos tomos 38 e 39 do Boletín Auriense, unha publicación que se vén mantendo desde o ano 1971 con rigor científico e que chega por intercambio a 600 institucións de Europa, América e Australia. os artigos que recollen nesta colección forman a día de hoxe un corpus de referencia, como sinalou o director do Museo, Francisco Fariña.

O director do Grupo Marcelo Macías, Xulio Vázquez, sinalou que con este volume o prestixioso Boletín Auriense ponse ao día. Neste aparecen interesantes traballos como o de Begoña Fernández, sobre o estado da cuestión do Conxunto Histórico de Monterrei. Ela propón prantexar a declaración de todo este conxunto monumental como sitio histórico. Desde xeito, asegura, garantízase a pervivencia e protección de tódolos aspectos que enriqueceron o discorrer da fortaleza ao longo do tempo. Fala de unificar todas as proteccións que ten esta fortaleza nunha sola.

Outro investigador, Frutos Fernández, escribe sobre as viñas baixas de O Ribeiro. Mantén que no século XVI as terras baixas lindantes co Avia estaban ocupadas por viñas, superficie que en San Clodio era dun 30% e que o seu viño era de excelente calidade.

Justo Carnicero Méndez-Aguirre amosa un documentalista descoñecido de Valdeorras como foi Luis Rivaya Riaño e as Tablas de cosas notables de Francisco Rodríguez, esquirvano de Valdeorras (1598-1638) . Este Rodríguez era notario e está considerado como o primeiro meteorólogo accidental de Galicia, como xa adiantou La Voz. Outros traballos deste Boletín Auriense son o de Israel Barandela e José Manuel Lorenzo sobre a análise espacial da arte rupestre en A Mezquita. Ou o estudo sobre o mosteiro de Xunqueira de Espadañedo nos séculos XII ao XVI, feito por Ana Gordín, Luis A. Peña. Engádense outras oito investigacións.