«A imaxinación é moi rica pero tampouco nos imos a quedar empeñados co proxecto»

C. Paradela O CARBALLIÑO/LA VOZ.

OURENSE

11 jun 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

José Prada, Pepín, é o director de Tiruleque, compañía teatral do Carballiño que promove a Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón. Este fin de semana iníciase a cuarta edición marcada polos recortes orzamentarios no ano no que Tiruleque celebra as súas vodas de prata.

-A programación non puido ser a que querían.

-Cadrou mal coa crise económica que hai, pero non podemos elixir o ano. Queríamos facer unha cousa máis espectacular con polo menos seis grupos pero non puido ser.

-¿Que outras actividades tiñan previsto para conmemorar o seu 25 aniversario?

-Temos un montonazo de proxectos pero a situación é a que hai, agora non é un capricho como fai dous anos, e entendemos que a crise é a que é. Tiñamos pensado, e farémolo, un curso de mimo, coa profesora xa elixida e outro de maquillaxe con Ricardo Spencer. Queremos editar tamén un libro sobre os últimos 50 anos do teatro no Carballiño, unha xuntanza cos que pasaron por Tiruleque desde 1985 e unha homenaxe aos que estiveron nos 50, que van quedando poucos, un concurso de obras teatrais... A imaxinación é moi rica pero tampouco nos imos a quedar empeñados co proxecto.

-¿Porque no actúa Tiruleque este año en la Mostra?

-A obra que estamos a preparar está aínda en proceso de traballo de mesa e calculo que até dentro de nove meses non estará lista e non íamos repetir a do ano pasado. A principio de ano ó mellor repetimos con Silicon Valley porque vai facer as 50 representacións.