A Fundación Curros Enríquez recupera o único número da revista «Adiante»

La Voz

OURENSE

04 mar 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O único número existente do Semanario da Mocidade Galeguista Adiante xa está en poder da Fundación Curros Enríquez. A propietaria do exemplar entregouno á entidade, que o presentou nun acto en Celanova coa presenza de responsables da fundación, do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, e do alcalde da localidade, Antonio Mouriño.

A Mocedade Galeguista fundouse hai aproximadamente oitenta anos por iniciativa do histórico Partido Galeguista. A ela pertenceron grandes pensadores da historia do galeguismo e o colectivo publicou tamén a revista Guieiro, da que saíron trece exemplares.