«Á xente gústanlle moito as nosas especialidades, bacallau e arroz caldoso»

OURENSE

04 dic 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Fai pouco máis dun mes que abriu as súas portas na rúa Valle Inclán o restaurante Tal Sitio, especializado en comida portuguesa. Un local que, pouco a pouco, vai gañando adeptos, fundamentalmente grazas á labor de Rosa María, cociñeira e artífice, por tanto, dos pratos que os clientes poden degustar no local a prezos asequibles.

-¿Cal é a especialidade da casa?

-A especialidade é a comida portuguesa, sobre todo o bacallau e o arroz caldoso con marisco. Á xente gústanlle moito estas dúas especialidades.

-¿Hai tamén viño portugués?

-Temos viños portugueses. O máis demandado é o viño verde e, de momento, o que menos éxito ten é o viño de Porto. Tamén gusta moito o licor Beirao.

-¿Elaboras tamén os postres?

-Si, son todos feitos aquí, e tamén temos especialidades, como a mousse de chocolate ou a tarta de queixo. Todo son postres da casa.

-¿Para cantas persoas podes chegar a cociñar un día de semana?

-Para o menú do día, que é moi asequible, non ven moita xente, porque o que ten máis demanda é a carta, coas especialidades da casa. Ó mellor cociño para dezaseis persoas, ou un pouco máis. Depende do día.

-¿Tedes xa encargadas moitas comidas para o Nadal?

-Si que temos xa encargos e hai xa algún día no que no temos capacidade para máis. Hai veces que hai moito traballo, pero iso está moi ben.