O Pen Clube Galicia homenaxeará en Nogueira de Ramuín ao escritor Xosé Fernández Ferreiro

La Voz

OURENSE

07 oct 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O Pen Clube de Galicia celebrará un encontro os próximos días 10 e 11 de novembro no parador de Santo Estevo de Ribas de Sil no que se incluirá unha homenaxe ao escritor Xosé Fernández Ferreiro. Aínda que o programa do encontro non está pechado, o Pen Clube de Galicia traballa coa intención de artellar a cita de Santo Estevo como un encontro no que se mesturarán as voces e as propostas literarias dos poetas e escritores máis veteranos coas novas xeracións de creadores. E todo iso no marco dunha grande homenaxe ao autor de títulos de referencia como Morrer en Castrelo de Miño, O minotauro, Agosto do 36, A cidade das chuvias, A saga dun afiador ou Tempo de centeo, entre outros.

Xornalismo e literatura

Xosé Fernández Ferreiro naceu en Nogueira de Ramuín en 1.931 e desenvolveu o seu traballo como xornalista en La Noche, El Correo Gallego e La Voz de Galicia e ten acadado premios como o Galicia de Xornalismo, Xerais de Novela ou Losada Diéguez.