A romaría Raigame rendirá homenaxe á tradición dos oleiros


Vilanova dos Infantes voltará ser o 17 de Maio un dos lugares de cita inexcusable á hora de falar da festa do Día das Letras Galegas. O vindeiro domingo celebrarase no burgo medieval do municipio de Celanova unha nova edición, a octava, da Romaría Etnográfica Raigame e nesta ocasión unha das novidades terá nome propio e distinguida presenza ourensán. Como cada ano Raigame tenta salientar un oficio ou un traballo dos que formaron parte da tradición secular galega, e neste ano os oleiros serán os homenaxeados, o mesmo que haberá unha especial presenza «dos traballos da labranza e as tarefas do campo», segundo sinalaba onte dende a organización Mariló Fernández Senra, do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.

O domingo estarán presentes en Vilanova dos Infantes artesáns oleiros dos centros de produción históricos de Galicia -Niñodaguia, Gundivós, Bonxe e Buño-, de Moveros de Aliste (Zamora), Guadix (Granada) e de Aveiro e Coimbra (Portugal). Ademais de incluir unha demostración en vivo do traballo dos artesáns -de Niñodaguia participará Agustín Vázquez- e de ofrecer a posibilidade de adquirir as súas pezas, a Adega do San Vivián convertirase nun museo da olería para esta festa da cultura galega. Terá unha presenza destacada en Vilanova dos Infantes a olería de Buño ao contar coa colaboración do ecomuseo O forno do forte.

Un novo galardón

A romaría Raigame incorpora a partires deste ano o premio honorífico Xan de Barros -que como lembrou na presentación o alcalde de Celanova, Antonio Mouriño, é o nome que Curros lle diu ao crego do seu poema sobre a Virxe do Cristal- para distinguir a persoas ou colectivos que colaboran na promoción e actividades da romaría ou os valores etnográficos que estás cita quere exaltar. Nesta primera edición do premio o galardoado será Elixio Rivas, recoñecendo con este galardón o traballo desenvolvido nestes anos e o exemplo do seu Museo dos Devanceiros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

A romaría Raigame rendirá homenaxe á tradición dos oleiros