«Seguirei ó pé do canón ata que a fodida enfermedade non me estrague máis»

C. Paradela

OURENSE

Rubén García acaba de recibir o premio de honra dos María Casares e a pesares da súa doenza segue volcado na profesión que tamén é a súa vida

30 mar 2008 . Actualizado a las 03:00 h.

Rubén García, director da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia e da Feira dás Artes Escénicas de Galicia ata este mesmo ano é sinónimo do teatro galego ó que leva vencellado toda a vida, acaba de recibir o premio de honra dos María Casares, que leva o nome de María Soto, e que se lle entrega pola singular achega realizada ao mundo teatral en Galicia durante máis de vinte anos. Unha homenaxe da profesión teatral galega que lle chega nun difícil momento da súa vida ao padecer unha grave enfermidade dexenerativa que lle impide falar, perdendo así un dos principais dons dun home dedicado o mundo dá comunicación: «Teño unha enfermidade incurable moi fodida, pero non vai deixar que baixe a garda por varios motivos que fan que loite», sinala. É máis, ten claro que «aínda podo aportar algo ó teatro galego, e ademais teño un neto precioso Aldo, ó que teño que levar o teatro e disfrutar del», indica un home loitador e cun ánimo envexable.

-¿Que supón o recoñecemento dos premios María Casares cunha ovación de gala e o auditorio do teatro Rosalía de Castro posto en pé?

-Unha grande satisfación e ver tamén que contas con moitos amigos.

-Ao recoller o premio deixou clara a súa decisión de ser fiel á profesión escénica e resistir arredor dos escenarios como fixo toda a vida, coñecéndolle ¿alguén pode polo en dúbida a estas alturas?.

-Penso que non, pero por si as moscas, seguirei o pé do canón mentras esta fodida enfermidade non me estrague máis.

-La Mostra Internacional de Teatro, sinónimo de Rubén García no panorama teatral da comunidade autónoma, está xa á volta da esquina. ¿Como afronta a súa organización nestes difíciles momentos?

-A Mostra Internacional deTeatro de Ribadavia xa ten unha madurez que fai que casi vai soa. Dada a miña enfermedade, nesta ocasión contactamos cunha empresa de servizos teatrais, que vai levar o peso gordo da organización e eu serei un colaborador á hora de programar. A MIT para mín é unha filla máis, e non podo deixala abandoada.

-¿Segue sendo un certame talismán para as grandes compañías teatrais españolas?

-Sen lugar a dúbidas. Ano tras anos vemos como todas as compañías que asisten á Mostra de Teatro e son descoñecidas, ó cabo de pouco tempo están en primeira línea.

-¿Que achega a Mostra de Teatro a Rubén García e tamén ao teatro galego?

-Está claro que a Mostra Internacional de Teatro non é un festival de teatro galego, agás desto sempre procura traer o mellor do teatro galego. Penso tamén que aportamos ar fresco de fora que sempre vai ben para que as xentes do teatro vexan e coñezan o que se está a facer fora.

-¿Cal cree vostede que é a situación actual do teatro galego en xeral e do ourensán en particular?

-O teatro galego está en plena madurez profesional e é equiparable ó de calqueira outra comunidade autónoma española, só lle falta perder os complexos de inferioridade, e sin lugar a dúbidas se o fai sería moito máis coñecido fóra de Galicia.

-¿Ao longo da súa traxectoria profesional quen saíu gañando? ¿Deulle máis o teatro a vostede que vostede ao teatro?

-Podo decir que mitade e mitade. O teatro foi é e será o motor da miña vida.

Un motor que nos últimos meses está sendo empuxando coa mesma tenacidade, forza e valentía por Rubén García e pola súa familia. A súa muller Rosa, inseparable compañeira cando hai que cumprir as recomendacións médicas e pasear, vendo crecer ao pequeno da casa coas súas fillas e para presenciar a merecida homenaxe e recoñecemento de toda a profesión a un home que deu e dá todo polo teatro, aínda que as forzas fraquean. A vida é puro teatro. Rubén sábeo, pero a obra non remata ata que baixa o pano e a nova edición da Mostra espérao porque precisa del para seguir sendo un referente no panorama cultural galego.