Políticos, xentes da cultura e das forzas de seguridade

La Voz

OURENSE

AMBIENTE

07 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

No medio do acto solemne, Areoula ofreceu algunhas pezas galegas que ó mesmo tempo que dulcificaban o ambiente poñían un toque de emoción nas xentes que seguían a sesión na nave a brazos do cruceiro. Entre os asistentes atopábanse o subdelegado do goberno, varios delegados da Xunta, o responsable máximo da Garda Civil en Ourense, alcaldes de concellos arraianos como Calvos de Randín, Baltar, Lobios; o subdelegado do Goberno en Pontevedra ou o escritor portugués Bento da Cruz, que estaba engaiolado coa súa presenza no Couto Mixto. Acabado o acto, o fiscal xefe de Galicia, Carlos Varela, que tamén é xuíz de honra, meteu todos os discursos no arcón, que cada ano pesa máis. E quedou pechado coas tres chaves. Só en casos excepcionais e por unanimidade dos homes de acordo se pode abrir.