Última hora:
La gallega Jéssica Bouzas gana a Paula Badosa y avanza en el Másters de Madrid

Medio Ambiente mellorará o Camiño Privilexiado

La Voz

OURENSE

OBRAS

07 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

? Couto Mixto, dixo García Mañá, vai ter un acto próximo con alcaldes e parlamentarios e contará tamén coa reedición da Historieta del Couto Mixto , de Modesto Brandón. Todo esto amén de aproveitar, como sinalou, o refugallo que deixa o coñecido e celebrado apoio parlamentario de Madrid e Santiago. Pero hai máis porque a Asociación de Veciños do Couto Mixto vai pedir un obradoiro á Consellería de Traballo para recuperar o patrimonio da zona. O director xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza, adiantou que entre os traballos farán unha recuperación do Camiño Privilexiado, financiada pola Consellería de Medio Ambiente. «Eu xa teño o proxecto desa obra que será unha das accións que fará a xente que traballa nese obradoiro», manifestou Reza.