31 ago 2006 . Actualizado a las 07:00 h.
Pola tarde Celanova celebrou un acto de recordo a Celso Emilio Ferreiro, un dos seus máis insignes poetas e falecido en 1979. Acto cheo de emotividade e lembranzas sobre este autor tan vinculado ás súas orixes.
Unha ofrenda floral e un recital poético ante a súa tumba no cemiterio de San Breixo, acompañados polo son dunha gaita, convertíronse na mellor homenaxe para un dos escritores galegos máis importantes e que mellor soubo por en versos o sufrimento e a anguria dos que se sentían oprimidos polo réxime: «Os corazóns dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra».
O acto de lembranza o poeta celanovense completouse coa presentación dun monográfico da revista Arraianos , adicada ó coñecido escritor, no instituto de Celanova.