«Espero que o meu disco achegue a moitos a obra de Tovar»

Entrevista | Anxo Rei


ourense

O Concello de Rairiz de Veiga rinde hoxe homenaje a figura de Antón Tovar coa entrega do primeiro premio de poesía que leva o seu nome e a presentación de un disco dos seus poemas composto polo cantautor Anxo Rei. O compositor valdeorrés interpretará algunha das pezas que se integran no traballo que titulou A rabela da pluma.-¿Cómo xurdiu a idea deste disco?-A verdade é que mo pediron o profesor e escritor Delfín Caseiro e o alcalde, Xaquín Fernández e, inda que hai moito que me retirei dos escenarios, me pareceu unha idea bonita.-No 2004 grabou a Florencio Delgado Gurriarán, ahora a Tovar ¿xa non pensa volver a facer un disco coas súas composicións?-O meu traballo é moi complexo para compaxinalo coa vida dos concertos, pero compoñer compoño bastante. De feito teño para unhos cantos discos, pero de momento non me plantexo entrar de novo no candeleiro. Cecais nun futuro...-¿Quedou satisfeito deste traballo?-O certo é que estou moi contento co resultado, pero tamén e mérito da xente que colaborou.: Tino di Geraldo, Peter Oteo e Jorge Fernández Ojea, da banda de Luz Casal, e Inñaki García de El Canto del Loco. Cecais por eso quedou un disco moi pop, con moitos estilos musicais diferentes.-¿Qué lle gustaría trasmitir con él?-A mín serviume para coñecer en profundidade os poemas de Antón, moitas veces sorprendentes e con sentimentos moi complexos. Non foi facil seleccionar os dez temas que ao final musiquei, e espero que o meu disco achegue a moitos a obra de Tovar.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«Espero que o meu disco achegue a moitos a obra de Tovar»