«Quixen abrir unha canle para autores coa súa ópera prima»

Jesús Manuel García OURENSE

OURENSE

SANTI M. AMIL

Entrevista | Asun Arias Asentado no municipio de A Rúa, o proxecto da emprendedora valdeorresa está tomando corpo coa publicación do segundo libro, dedicado a filosofar coa xeometría

28 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

Por riba de A Rúa, Roblido semella tocar o ceo. A carón do seu pico, Valdeorras queda aos seus pés. Ao fondo, o encoro de san Martiño, Petín, A Rúa, Mones... Roblido parece o principio de todo, ata o de unha editorial, A Pena d'agua, ao decir medieval, da que é responsable unha muller emprendedora. Mestra, investigadora, escritora, editora. Asun Arias, co seu sorriso baixo dunhas gafas, emprende novos rumbos desde Valdeorras ao coñecemento global. -¿Cando naceu a editorial? -Pois veu á luz coa reedición do meu libro Muller de vidro . Aí naceu e o motivo foi que un libro cunha editorial ten máis aval e dalgún xeito non tratei de facer unha editorial para min senón que quixen abrir unha canle para aqueles autores que teñen a súa ópera prima e que a meirande parte das editoriais non dan oportunidade. Esto foi pensado e creado para aqueles autores que fan o seu propio autofinanzamento pero a editorial fai de canle. -¿Por que ese nome de A Pena d'agua? -Vén como unha especie de inspiración. Atopábame nun lugar especial en Roblido que ten unha lenda. Parece ser que son esas pedras que temos en Galicia, penedos moi grandes cun inmenso burato que se enche de auga natural. Os nosos antergos empregaban esas pedras como lugares sanadores. A xente mergullábase nesa auga. Ese líquido chámase auga de roca e utilízase para curar todo o relacionado con emocións ou shocks . É unha auga viva nestas rocas galegas con tanto granito e sobor de todo ese cuarzo ten unha función sanadora. De feito unha señora de alí cando vai a ese sitio sae cos osos recalcificados e os médicos constátano. Logo entereime que nese lugar e Roblido cando as mulleres non quedaban preñadas, ían a realizar sobre esa pedra o acto sexual cando quedaba valeira de auga. Son as pedras da procreatividade. E en Roblido teñen a lenda de que polo visto aí hai unha moura encantada que sae en certas épocas do ano e ten dous cestos, nun ten serpes e noutro, ouro. Dependendo do que abras atoparás a morte ou a sabiduría. -Que fermoso. -Pois a editorial cumple esa función. Dalle soberanía propia ao propio autor para comunicar a súa sabiduría. Por eso edita tanto libros de creación como sobre a saúde. Canalizar ao mundo todo aquello que nos chega de arriba abaixo. -¿Cantos libros van publicados? - Muller de vidro , S intoniza con la magia de la geometría e despois virá El color de las estrellas , El secreto de los dientes e vai sair un meu que se chama Aureanas do sol , poesía e aínda virá O segredo das margaridas . -Xa ten completo o ano. -O ano non. Todo esto sairá en dous ou tres anos porque o máis fermoso da edición é que o que entregamos é unha caixiña máxica con follas. Neste momento eso é o libro da maxia da xeometría que o seu propio formato é un rectángulo áureo. Son edicións moi coidadas para que ti te leves algo moi especial, non nace cunha función meiramente mercantil. Outro obxectivo será editar en galego, os que me veñan noutros idiomas. Este da xeometría