«Sentía que tiña unha gran débeda con Xinzo de Limia»

En dous minutos | Antón Riveiro Coello


ourense

? próximo sábado, o escritor Antón Riveiro Coello pagará unha débeda coa súa tierra natal. A Casa da Cultura de Xinzo de Limia será o esceario da presentación do libro Limaiaé, editado polo Centro de Cultura Popular do Limia . Unha colección de 24 poemas narrativos que recollen o que significa esta terra para o autor. Completa o poemario unha serie de grabados de Manolo Figueira, que acompaña a cada un dos textos.-¿ Que é Limaiaé ?-Digamos que sentía que tiña unha gran débeda con Xinzo porque a maior parte da miña narrativa se desenvolveu no Couto Mixto, e quería adicarlle polo menos dous libros. Trátase de vintecatro poemas narativos que recollen todo o que significa para mi A Limia. É un percorrido histórico a través dos poemas. Parte dun fío conductor que é a historia e trascurren polo río Limia, ata o final. O último poema chámase Morte . É como unha viaxe de cara á desembocadura.-O poemario vai acompañado dunha serie de grabados de Manolo Figueira. Fálenos dese traballo.-Hai tempo, tras un encontro na Limia pensamos en traballar xuntos. Fixo un traballo marabilloso, con moita inspiración e cun estilo que me gosta moito. As miñas verbas véronse perfectamente reflictidas.-Presentou hai poco un libro de relatos con A Limia coma protagonista. ¿Coincidencia?-Foron pensadas a raíz da necesidade. Os relatos de Casas baratas , están feitos dende a mirada da infancia e o poemario, dende a madurez e a metáfora da vida. O libro tamén ten música. Dous temas compostos por Riveiro Coello en base a dous de seus poemas que serán interpretados o día da inauguración por Sonia Lebedynski, vocalista de Fía na Roca.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«Sentía que tiña unha gran débeda con Xinzo de Limia»