Dez anos de cine con etiqueta

Camilo Franco OURENSE

OURENSE

SANTI M. AMIL

En directo | Noite de estrea no Festival A gala de apertura do festival lembrou as anteriores nove edicións e remarcou o carácter independente e internacional da súa traxectoria

12 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

Tres Goyas en directo e un en diferido presentaron a gala de apertura do Festival de Ourense. Tamar Novás, Mabel Rivera e Celso Bugallo ao despiste estiveron presentes no escenario do Auditorio municipal que, por primeira vez, acollía ao festival. A gala serviu para dar un repaso ás nove edicións remarcando dúas circunstancias fundamentais do festival: o seu carácter independente e máis o alcance internacional. Un audiovisual longo abriu a noite e deu paso aos tres presentadores que foron lembrando algunhas das circunstancias destacadas de cada unha das edicións. A presentación do festival deu paso á homenaxe que a Aisge rendeu este ano a Manolo González. O curriculo deste rúes é longo para calquera gala así que Isabel Blanco abreviou e deixou tempo para que quen fundou a Escola de Imaxe e Son tivese tempo de contar porque se adicou ao cine: «meu pai proxectaba as películas no cine da Rúa e, aínda que el non lle gustaban, eu quedei seducido polo cine». Entre a incomidade da timidez e o peso da escultura que serve de premio, González tivo tempo de lembrar que «aínda queda moito por dar de min» e explicar a nova etapa que vive desde que se incorporou ao gabinete da Consellería de Cultura. Para presentar a cinta que abriu o festival, One day in Europe, Luis Tosar presentouse en diferido como se fora vía satélite e explicou algunhas das «circunstancias singulares» que ten esta historia con catro paisaxes diferentes, pero todas europeas. Nas butacas do Auditorio alternaron onte de todos os colores. Inmanol Arias máis discreto que Pepe Sancho conseguiron superar a barreira de espectadoras que pedían unha foto con eles na entrada do espazo cultural. Cabezas saudou ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, acompañado da conselleira, Ánxela Bugallo. Ao presidente da Diputación quedoulle tempo antes da gala para explicarlle algúns pormenores á titular de Cultura, quizais para lembrar que dez anos de historia son moitos anos. Imanol Arias explicou que o Festival de Ourense era un asunto casi particular para él porque, donde se criou en Euskadi, había xente de Ourense e sempre lle quedou a familiaridade. No profesional, o actor que hoxe recibirá o premio do Concello de Ourense «indicou que un premio é unha forma de animar a traballar» e asegurou que o festival estaba plenamente consolidado.