Ourense na picota

BALCÓN DE MOREIRAS MANUEL REGO NIETO | O |


MALAS novas para o noso Ourense, que cando somos partícipes de titulares na prensa, na radio e na televisión en toda España, non é para saltar de xúbilo. Claro que tal como andan as Españas da man de Rodríguez Zapatero, as cousas son contaxiosas. Dende que chegou o de León ó poder, ETA seguiu cometendo atentados aínda que con heridos leves, afortunadamente. O filósofo -logo dixo que non o entendera o mensaxeiro- Fernando Savater, descubriu que ZP mentiulle ó Parlamento. Claro que eiqui en Ourense un mozo presunto pederasta fai sair a nosa cidade nun asunto que repele. Ourense foi célebre polo asunto aquel do metílico, que trouxo ata eiquí ós xornalistas do sensacionalismo español.Hai que dicir como dona Concepción Arenal: «Odia o delito e compadece ó delincuente». Non é de recibo que a súa familia teña que pagar os desprecios de algunha xente. Bastante teñen eles co que se lle ven por riba. ¿Alguén nos pode dicir que hai na mente humana que leva a estas depravacións?

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Ourense na picota