Ourense homenaxea a Lorenzo Varela cun grande número de actos culturais

A capital da provincia centra as actividades pola mañá na céntrica rúa de O Paseo Oira será esceario dun partido de fútbol afeizoado entre ourensáns e africáns


ourense

Como cada ano, o Concello de Ourense organizou unha serie de actividades con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. O programa iniciase ás 10.30 horas da mañá no salón de plenos coa tradicional entrega de libros a representantes das asociacións de veciños. Repartiranse cinco exemplares: Vida e obra de Lorenzo Varela , de Carlos Bernárdez; As tres mortes de Lorenzo Varela , de Antón Lopo; Galicia en 100 prodixios , de Henrique Alvarellos; Carlos Casares: os amigos, as imaxes, as palabras , de la editorial A Nosa Terra; e Encaixe de Camariñas , do Concello de Camariñas.As actividades desprazaranse enseguida á rúa do Paseo. Ás 11.00 horas terá lugar a apertura da Feira do Libro Galego cun posto no que estarán representados once libreiros ourensáns. No mesmo enclave, pero ás 12.00 horas, a banda de Música Municipal ofrecerá un concerto.DeporteOs deportes únense á celebración co Encontro internacional de fútbol aficionado Día das Letras Galegas , a partires das 12.00 horas en Oira. Participarán un combinado de cidadáns de Ourense que se enfrontarán a un grupo de inmigrantes africanos pertencentes ao colectivo Aiso. Cando remate o encontro, as concellerías de Cultura e Deporte entregarán a cada un dos participantes un lote de libros en galego ademáis dunha guía da cidade.As actividades organizadas polo Concello prosiguen o día 20 ás 12.30 horas no auditorio de Ourense, cunha conferencia sobre Lorenzo Varela a cargo do escritor e periodista Antón Lopo na que participarán uns 200 escolares de distintos centros educativos. Os alumnos recibirán ademáis un exemplar do libro As tres Mortes de Lorenzo Varela.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Ourense homenaxea a Lorenzo Varela cun grande número de actos culturais