Non aprendemos

La Voz

OURENSE

DIARIO DE AURIA XOSE CARLOS CANEIRO | O |

04 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

ESTA semana celebrouse o vixésimo quinto aniversario do falecemento, en Vigo, de Eduardo Blanco Amor. O acto serviu para comprobar dúas verdades incuestionables. Unha: o virrei de Auria, Xosé Luís Baltar, é o político con máis reflexos dos que levo coñecido na miña existencia. Dous: non aprendemos. O punto un explícase co capote que lanzou o máis grande dos políticos que ten habitado as terras aurienses. Relato o acontecido: o profesor Alonso Montero incidiu na necesidade de regalar esmorgas aos cidadáns cada primeiro de decembro e Baltar, justo y necesario, dixo que a deputación financiaría a operación, que editaría o que houbese que editar, que poría un busto en lugar preferente e estivo a piques, creo, de prometer un mausoleo ou similar para don Eduardo Blanco Amor. Constato: o virrei é un fenómeno. O punto dous é moito máis simple. Tendo como temos un cemiterio que é un monumento en si mesmo. Tendo como temos enterrados en san Francisco os fundamentos da cultura e literatura galega (e hispana) do século XX: Valente, Otero, Lamas Carvajal... ¿como é posible que non fagamos máis polo cemiterio? (visitas, actos, vender fóra, turismo... empresa cultural). Non aprendemos. Qué va.