Allariz aposta por favorecer iniciativas para a solidariedade

Jesús Manuel García OURENSE

OURENSE

PILI PROL

Médicos e xornalistas protagonizaron onte unha xornada na vila Quedou inaugurado un certame de pintura para concienciar á xente na axuda aos pobres

30 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

Allariz viviu onte unha xornada de solidariedade organizada pola Sociedad Española de Medicina General. Pola mañá, o papel dos medios de comunicación neste eido foi protagonista. Así, o director de Opinión de La Voz de Galicia, Ernesto Sánchez Pombo, dixo que os medios deben revisar o xeito de ver o mundo ante a hipertrofia dos temas políticos, e que os medios deben facer un esforzo por darlle rostro humano á globalización. «Os medios teñen que cambiar a forma de ver o mundo, de entender a sociedade, pero esto non é tarefa só nosa», engadiu. Mario Braier, director de Infomedpress , subliñou que ser solidario supón antepoñer a xustiza e que os profesionais da comunicación deben ensinar á sociedade a ser solidaria. «Dignidad y solidaridad van de la mano. Cuando se tiene poder es obligación ser solidarios, no se puede alardear de ello», indicou. «Acción solidaria implica cierta modestia, caridad no significa solidaridad y la solidaridad nos inmuniza», engadiu. Lalo Pavón, xefe de edición de La Región , manifestou que os medios de comunicación prestan atención aos temas solidarios pero cousa distinta, dixo, é que sexa a axeitada. Defende que os medios teñen que espallar o esforzo que fan persoas adicadas a axudar aos necesitados. Xosé Durán, xefe de programas da TVG, lamentou a triste realidade de que só existe o que sae na pequena pantalla e indicidiu en que as ONG teñen que esixir ás televisión públicas programas de audiencia. Houbo un pequeno debate e o presidente da Fundación SEMG Solidaria, José Manuel Solla Camino presentou o primeiro certame de pintura da devandita fundación e o Concello de Allariz. Solla insistiu na necesidade de coñecemento da realidade para que o noso cerebro troque e nos impliquemos mellor na solidariedade. «La solidaridad está ahí, faltan iniciativas», dixo Juan José Rodriguez Sendín, secretario xeral da Organización Médica Colegial. A xornada seguiu polo serán cos exposición do proxecto da Fundación SEMG Solidaria e o do hospital Primeiro de Maio, do doctor Manuel Garrido. Allariz respondeu á chamada para ver o documental Maquiladoras , de Germán Reyes e abríronse contas nos bancos locais para recadar fondos con destino a un plan sanitario en Ciudad Sandino (Nicaragua).