«Adolfo Domínguez apóianos nesta idea máxica e humilde»

Entrevista | Luis García Mañá A Asociación Amigos do Couto Mixto celebra mañá os actos de nomeamento dos xuíces honorarios coa presenza de Adolfo Domínguez, creador das capas


ourense

Mañá, a partires das 11.30 horas, a igrexa de Santiago dos Mixtos é o escenario do acto de nomeamento dos xuíces honorarios 2004. A Asociación de Amigos do Couto Mixto homenaxea así ás persoas que teñen destacado na defensa e promoción dos valores culturais e patrimoniais do territorio encravado na raia seca ourensá. -¿Cal é o significado do nomeamento dos xuíces?-En principio imos nomear aos xuíces honorarios, que vén ser a memoria histórica do que foi o líder no Couto durante séculos. O xuíces honorarios deste ano corresponden a tres eidos distintos. Un ao eido da propia xente allea ao Couto pero que ten traballado a prol del, por exemplo, no eido da literatura, como pode ser o caso de Antón Riveiro Coello, que é un dos máis sobranceiros escritores galegos, unha das plumas máis lúcidas e brillantes e dalgunha maneira ten obra que avala claramente esta distinción. Outra vai a ser para unha persoa que dende hai tempo ten traballado polo calado do Couto Mixto, con obras de tipo material e de apoio a todas as actividades. Este é o caso de Xosé Benito Reza. Finalmente, todos os anos facemos o nomeamento dalguén do pobo. Nesta ocasión é un veciño, pedáneo de Santiago dos Mixtos, Cesáreo González Veloso, que organizou unha asociación de veciños na localidade e sempre apoiou a iniciativa dos Amigos do Couto Mixto.-¿Por que tres nomeamentos de xuíces?-Dunha maneira enraizamos coa propia terra, por outra facémoslle honor a aqueles que dende a asociación teñen traballado pola calada e finalmente sacamos a unha persoa do mundo da literatura galega que neste momento sobrancea con moitas obras, unha delas dedicada ao Couto Mixto.-Outro dos momentos importantes será a imposición das carpas aos «homes de acordo».-Imos impor as capas aos homes de acordo, que son os representantes das tres aldeas do Couto Mixto, que eran como o axudante ou representante do pobo ante o xuíz gobernativo.-As capas foron deseñadas nada máis e nada menos que por Adolfo Dominguez-Adolfo Domínguez apóianos nesta idea máxica e humilde, coma galego universal que é. Poderíanos favorecer nun espazo de encontro, nesa república dos soños. Considerando que el é un home da cultura, do deseño e da creatividade, entendería ben a idea dese lugar de encontro histórico que tentamos recuperar. Falei a través dun colaborar e logo con el e pareceulle moi ben a proposta e aceptouna. Estará mañana na celebración e recibirá pola nosa banda un agasallo.-¿Quen foi o que decidiu o deseño?-O deseño é unha cousa del pero é una capa tradicional coa súa escravina dentro da cal van as chaves. É unha capa tradicional. Creo que é moi fermosa e elegante e que desde agora, cada vez que fagamos esta liturxia, os representantes dos pobos vana levar sempre, e tamén os representantes da asociación de amigos. As capas irémolas poñendo cada ano, pero nesta ocasión imos por aos tres homes de acordo e ao bigairo de ano.-¿Como está a saúde da Asociación de Amigos do Couto Mixto nestes momentos?-Nós somos fundamentalmente xente de fóra do Couto Mixto. Creouse baixo a presidencia de Máximo Salinas ao que eu relevei. Conta con membros sobranceiros como Bieito Ledo ou o actual Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza, e moita máis xente máis. Xa temos moito publicado, libros de lingüística, arte, filoloxía, economía, etcétera, relacionado co Couto Mixto, algo que é para apreciar porque falamos dunha zona de tres aldeas case sen vida social. Todo evoluciona. Tentamos tamén incorporar xente do propio pobo e é aí onde contamos co apoio total da asociación de veciños.-¿Como é polo tanto a relación cos veciños?-Perfecta a través dos homes de acordo . Utilizamos as mesmas institucións históricas como elemento de entronque co vecindario. Están totalmente involucrados apoioandonos en todo.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«Adolfo Domínguez apóianos nesta idea máxica e humilde»