«Serve para recoñecer o pouco que un é e o grande que é Deus ao teu carón»

La Voz

OURENSE

CAMILO REY RODRÍGUEZ, VODAS DE PRATA

12 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

Camilo Rey é o párroco de Padrenda e Desteriz, na raia con Portugal. «Levo de crego vintecinco anos e parece que foi onte. Isto serve para recoñer dúas cousas: o pouco que un é e o grande que é Deus ao teu carón, que é quen te chamou, quen te enviou e quen te mantén. E logo a gratitude a moita xente, os pais, os mestres...e incluso xentes anónimas que piden por un», sinala. O ministero sacerdotal desborda a cualquera, iso teno claro Camilo: «Ves que o recipiente que ti eres é indigno e ves a historia da túa vida cos teus fallos pero gracias á misericordia de Deus estás aí». Hai que multiplicarse: «Ti tes que ser o que tire do carro nas parroquias e ás veces tamén cansa. O desalento e o desánimo están presentes. Cando os rapaces me preguntan por que me fixen crego dígolles que non sei dar unha razón, que o único que sei é que o son».